dissabte, 2 d’octubre del 2010

Acto de Homenaxe as victimas dos derradeiros fusilamentos do franquismo

O vindeiro luns, dia 27 de setembro, data na que foron fusilados tres comunistas do FRAP e dous patriotas vascos da ETA, tera lugar un acto de homenaxe, as 13:30 h, no cementerio civil de A Coruña.

O acto, organizado pola Asambleia de A Coruña do Mpb, consisit ira na colocación dunha ofrenda floral no monumento a os martires da liberdade e as palabras que queiran pronunciar os asistentes.

O dia 27 de setembro de 1975 o agonico dictador cumpria co seus derradeiros crimens e cumplianse as sentencias dun tribunal especial contra os camaradas detidos. No complexo militar de Hoyo de Manzanares
foron fusilados Xosé Luis Sanchez Bravo, Xosé H. Baena Alonso e Ramón Garcia Sanz, 3 membros do PCE (m-l)/FRAP e os compañeiros vascos, Jon Paredes Manot "Txiki" en Barcelona e Angel Otaegui en Burgos.

Unha grande o­nda de protestas percorreu todo o mundo, en particular en Lisboa e Porto as legacions diplomaticas franquistas foron saqueadas polas masas indignadas polo noxento crime.

Hoxe mentras seu heredeiros atopanse no poder do Estado e mais da nosa Nación as victimas do li nchamento "legal" do fascismo continuan sin ser rehabilitadas.

Convocamos a paricipar neste acto, de vocación unitaria e antifascista, a rendir homenaxe a estes heroes do povo.

A Coruña 23 de setembro do 2010